Bernard, Paul

Bernard, Paul

Escritor. Coñecido como Tristan Bernard, iniciouse no xornalismo e cultivou a narración, para destacar posteriormente como autor de comedias, onde desenvolveu o humor e a sátira. Entre outras, destacan as comedias: L’anglais tel qu’on le parle (O inglés tal e como se fala, 1899), Triplepatte (1905), La soeur (A irmá, 1907) e Le danseur inconnu (O bailarín descoñecido, 1909), estreada no Athenée de París. É autor da novela Les mémoires d’un jeune homme rangé (As memorias dun mozo de boa familia).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Besançon

  • Deceso

    Lugar : París