Bernardin de Saint-Pierre, Henri
Bernardin de Saint-Pierre, Henri
Escritor francés prerromántico. Escribiu Voyage à l’ile de France (Viaxe á illa de Francia, 1773), en forma epistolar, onde se prefiguran as ideas sobre a natureza que expuxo máis tarde en Études de la nature (Estudios sobre a natureza, 1784). É autor da novela Paul et Virginie (Paulo e Virxinia, 1787), historia de amores irrealizables que transcorre nun clima exótico. A súa ideoloxía formula a inutilidade da ciencia.
Cronología
-
Deceso
Lugar : Éragny -
Nacemento
Lugar : Le Havre -
Deceso
Lugar : Oise, París