Bernhard, Thomas
Novelista e dramaturgo. Na década dos anos 70 e 80 escribiu arredor de vinte pezas poboadas de vagabundos, tolos, pallasos e figuras grotescas que mesturan os seus monólogos ata convertelos nun diálogo que amosa o grao de insensatez e delirio da civilización occidental e a permanente degradación da condición humana. Outro tema recorrente na súa obra, marcada pola reflexión filosófica, é o illamento en que vive o artista, sen esquecer as permanentes referencias á realidade sociopolítica de Austria, que el sempre comparou cun gran teatro no que os homes se convertían en marionetas. Entre as súas pezas cómpre salientar: Ein fest für Boris (Unha festa para Boris, 1970), Die Jagdgesellschaft (A sociedade de caza, 1974), Vor dem Ruhestand (Antes da retirada, 1979), Der Theatermacher (O dramaturgo, 1984) e Heldenplantz (A praza dos heroes, 1988), un durísimo alegato contra a participación de Austria no delirio nazi.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Austria -
Deceso