Bernheim-Jeune
Bernheim-Jeune
Galería de arte francesa. Fundada en París por Alexandre Bernheim (1863), continuaron con ela os seus fillos Josse e Gaston Berheim-Jeune. Baixo a dirección do crítico Félix Fénéon, a galería axudou a dar a coñecer as grandes figuras da arte do comezo do s XX como Van Gogh, Cézanne e outros membros de diversas correntes como os nabis, os fauves ou os futuristas.