Berruguete, Alonso de

Berruguete, Alonso de

Escultor e pintor manierista, fillo de Pedro Berruguete. Entre 1508 e 1516, aproximadamente, traballou en Roma e Florencia, onde foi axudado por Michelangelo Buonarroti, quen influíu na súa traxectoria artística. Cando volveu a Castela en 1517 estivo vinculado, como pintor do Rei, á Corte de Carlos V, para quen realizou diversos encargos de pintura e escultura, mais non acadou o seu favor e dende 1526 permaneceu afastado da Corte. Asentado en Valladolid, dedicouse principalmente á escultura. Os seus primeiros grandes retablos, o do mosteiro da Mejorada de Olmedo (1523) e o de San Benito de Valladolid, acredítano como o escultor máis destacable do s XVI. Outras obras importantes son o retablo do Colexio de los Irlandeses, de Salamanca (1529); o da Epifanía, da igrexa de Santiago (Valladolid, 1537); os relevos do coro e o grupo en alabastro da Transfiguración que coroa a cátedra arcebispal da catedral de Toledo (1539); o retablo da Visitación na igrexa de Santa Úrsula (Toledo) e o sepulcro do cardeal Tavera (Hospital de Tavera, Toledo), feito en mármore.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Paredes de Nava

  • Deceso

    Lugar : Toledo