Bertrán
Bertrán
[ONOM]
Prenome e apelido procedente do xermánico Berhtram ou Berahthraben, composto por berht ‘brillo’ e hramn ou hraben ‘corvo’, latinizado despois en Bertramus. Na mitoloxía xermánica os dous corvos, que acompañaban sempre a Odín, simbolizan a memoria e a intelixencia. San Bertrán (ss XI-XII), bispo de Comminges no Languedoc (1073-1123), foi canonizado en 1175 polo Papa Alexandre III. Tamén houbo un beato coñecido coa outra variante desde nome, Beltrán. Con todo, ambas as formas, Bertrán e Beltrán, son máis comúns como apelidos que como prenomes. A festa do Beato Beltrán de Garriga celébrase o 1 de agosto e a de san Bertrán o 6 de setembro.