bertorella
-
s
f
[ANIMAL/ICT/ALIM]
Peixe mariño de corpo alongado do xénero Phycis, que pertence á familia dos gádidos. Ten a boca grande, unha pequena barbela no queixo, dúas aletas dorsais, unha anal e as aletas pélvicas reducidas a un filamento bífido. É de cor gris acastañada no dorso e abrancazada nos lados e o ventre. Distínguense dúas especies: P. blennoides, de ata 75 cm de lonxitude, co terceiro e cuarto radio da primeira aleta dorsal moi alongados, que vive en fondos lamacentos entre 150 e 300 m de profundidade; e P. phycis, de ata 60 cm de lonxitude, que vive en fondos rochosos entre 100 e 200 m de profundidade. Consómese cocida con allada ou fritida. É unha das especies apropiadas para a caldeirada. É menos apreciado ca a pescada, pero en sazón son facilmente confundibles.
Sinónimos: brota. -
bertorella anana
[ANIMAL/ICT]
Peixe mariño de corpo pesado e alongado de ata 30 cm de lonxitude. Ten a cabeza grande, case tan ancha coma longa, co fociño arredondado e unha pequena barbela no queixo. Presenta dúas aletas dorsais, a primeira reducida a tres radios curtos, e os primeiros radios das aletas pélvicas máis longos ca o resto. É de cor cincenta ou azulada no lombo e prateada no ventre. É un peixe solitario que vive na zona bentónica, a pouca profundidade, entre algas e rochas, onde se alimenta de crustáceos, moluscos e vermes. Distribúese no Atlántico, dende o Golfo de Bizkaia ata Noruega.