Besalú

Besalú

Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado na comarca da Garrotxa no curso medio do río Fluvià (2.031 h [1996]). A actividade económica está dedicada principalmente á industria téxtil e á papeleira. Localizada na encrucillada de antigas vías romanas, transformouse no centro do condado de Besalú, que finalmente pasou a integrar o condado de Barcelona. Ata o s XIV Besalú foi un núcleo urbano próspero. Do seu patrimonio arquitectónico conserva casas románicas e góticas, os baños dunha antiga sinagoga, a ponte fortificada sobre o Fluvià e as igrexas románicas de Sant Vicenç e de Santa Maria.