Bescanó
Bescanó
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, na comarca urbana da capital, situado á beira do río Ter (2.970 h [1996]). A súa actividade industrial comezou no s XIX co establecemento das primeiras fábricas téxtiles. Con posterioridade desenvolvéronse as ramas alimentaria e madeireira (serradoiros e mobles). Entre o seu patrimonio monumental destaca a igrexa prerrománica de Sant Llorenç, do s VIII, e o antigo mosteiro cisterciense de Cadins.