Beseño

Beseño

Río afluente do Lañas pola esquerda, na conca do Ulla. Nace no lugar da Chouza da Devesa, na parroquia de Branzá do concello de Arzúa, adoptando nun principio unha dirección L-O. A seguir, penetra no concello de Touro pola parroquia de Beseño, da que recibe o nome, virando cara ao S ata a súa desembocadura no monte de Lañas, na parroquia de Cornado.