Beskidy

Beskidy

Rexión montañosa de Europa Central que forma parte do arco carpático e que constitúe un segmento da fronteira entre Polonia e Eslovaquia. É unha área de altiplanos dominados por cristas de flysch, agudas e escarpadas, que culminan no Babia Gora, de 1.725 m de altitude.