Bessel, Friedrich Wilhelm
Bessel, Friedrich Wilhelm
Astrónomo alemán. Foi fundador (1813) e primeiro director vitalicio do observatorio de Königsberg. No 1804 calculou a órbita do cometa de Halley. Introduciu no 1817 as funcións de Bessel, para resolver o problema dos tres corpos e estableceu a posición exacta dunhas 50.000 estrelas. Suxeriu o carácter binario de Sirius e Proción. No 1841 deduciu o valor 1/299 para o achatamento da Terra. No 1840 suxeriu a existencia dun planeta máis alá de Uranio, que foi denominado Neptuno.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Minden, Westfalia -
Deceso
Lugar : Königsberg, Prusia Oriental