Besteburiz

Besteburiz

Río afluente do Landro pola dereita. Nace a 780 m de altitude, na aba setentrional da serra do Xistral, no lugar da Pasada de Lamoso, na parroquia de Miñotos (concello de Ourol). Atravesa esta parroquia seguindo o seu curso unha dirección SL-NO, ata a súa desembocadura preto do lugar da Caseira, logo dun percorrido duns 8 km.