Besteiro Fernández, Julián
Político e sindicalista. Despois de estudar na Institución Libre de Enseñanza, cursou estudios de Filosofía e Letras na Universidade de Madrid. Catedrático de instituto, foi bolsado pola Junta de Ampliación de Estudios e viaxou a Alemaña onde estudiou nas universidades de Berlín, Leipzig e Múnic. Foi catedrático de Lóxica na Universidade de Madrid (1912-1936). A súa andaina política iniciouse na Unión Republicana para pasar despois ao Partido Radical e ingresar en 1912 no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e na Unión General de Trabajadores (UGT). Ocupou a presidencia do Comité executivo do PSOE (1925-1931) e da UGT (1925-1932). Foi condenado en 1917 por pertencer ao comité de folga e, estando en prisión, foi elixido deputado socialista en 1918. Foi presidente das cortes constituíntes da II República (1931). Formou parte en 1939 do Consello Nacional de Defensa encargado da negociación da paz. Foi detido e condenado a trinta anos de prisión por un consello de guerra o 8 de xuño de1939 e morreu na prisión de Carmona.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Madrid -
Deceso
Lugar : Carmona