Betanzos, Provincia de

Betanzos, Provincia de

Demarcación territorial do Reino de Galicia no Antigo Réxime, que tiña a súa capital na cidade de Betanzos. Abranguía o treito litoral que se estende entre o porto de Fontán, na ría de Sada (actual concello de Sada) e o río de Esteiro, entre a ría de Ortigueira e Estaca de Bares, prolongándose polo interior ata Sobrado (Sobrado dos Monxes). Tiña como límites orientais as serras da Coriscada, da Faladoira, da Loba, o Cordal de Montouto e a Cova da Serpe. Como provincia do Antigo Réxime, non tiña máis competencias que as de servir como marco territorial de representación.