Betanzos, San Domingos de

Betanzos, San Domingos de

Conxunto monástico situado en Betanzos. Foi levantado a partir de 1557 por iniciativa do presbítero Antonio González Sosa, quen contou co apoio do arcebispo de Santiago de Compostela Xoán de San Clemente. Está edificado sobre unha antiga capela que pertenceu á parroquia de san Martiño de Brabío. As obras desenvolvéronse ao longo dos ss XVI, XVII e XVIII. A nave da igrexa está flanqueada por tres capelas. O retablo maior é neoclásico. No exterior destaca a torre-campanario, obra de Fernando de Casas Novoa (1700-1714) co padroado do arcebispo Monroy.