Betto di Biaggio, Bernardino di
Betto di Biaggio, Bernardino di
Pintor italiano, coñecido polo nome de il Pinturichio. Traballou con Perugino na capela Sixtina (1481-1483). Realizou os frescos de Santa María in Aracoeli de Roma (1485) e no Vaticano decorou os apartamentos Borgia (1492-1494), hoxe Biblioteca. En Siena pintou os frescos da Biblioteca Piccolomini da catedral. Entre os seus lenzos destaca A Coroación da Virxe, Historia de Xosé, Virxe na gloria e o Cristo coa cruz ás costas.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Perugia -
Deceso
Lugar : Siena