Béziers

Béziers

Cidade do departamento de Hérault, Francia, no Languedoc-Rosellón (70.996 h [1990]). Foi conquistada polos romanos no 120 a C e dende o 450 pertenceu aos visigodos ata que pasou a poder árabe no 719. Pipino o Breve tomouna de novo entre o 752 e o 759 e foi destruída en 1209 polos cruzados de Simón de Montfort. No 1247 foi cedida ao Rei Luís IX, incorporándose á coroa. Entre o seu patrimonio monumental destaca a igrexa de Saint Nazaire, antiga catedral (ss XII-XIV) e a ponte Vella (s XIII) sobre o río Orb.