Bhāgavata Purāna
Bhāgavata Purāna
Poema sánscrito de 18.000 versos (shloka), dedicado á glorificación de Vishnu. Escrito probablemente ao sur da India despois dos ss IX-X d C, contén disquisicións sobre os sistemas filosóficos Vedānta e Sāmkhya, unha inspirada exposición do Bhakti-mārga (vía devocional) e as historias de todos os avatāra de Vishnu.