bhakti*
bhakti*
s
m
[RELIX]
Concepto do Hinduísmo traducido xeralmente por ‘devoción’, que consiste nunha relación persoal e nunha amorosa actitude de dependencia e de piedade, concreta e existencial, do bhakta (‘devoto’) cara a Deus nos seus avatāra como obxecto primario e supremo. É unha das vías de salvación do Hinduísmo. Os froitos do verdadeiro bhakti son a perfección, a inmortalidade e a beatitude.