Bharhut
Bharhut
Localidade do estado de Madhya Pradesh, India, onde hai un stupa edificado en tempos de Asoka (250 a C) e con algunhas adicións posteriores. Os baixorrelevos, cunha influencia artesá persa, presentan símbolos budistas como a roda, as árbores e o loto, así como ilustracións das historias de Jātaka e escenas da vida de Buda. Nestas últimas emprega o método narrativo continuado, de moita importancia para o estudo da historia do Budismo.