bibalo
bibalo
-
adx
Relativo ou pertencente aos bibalos.
-
s
[HIST]
Individuo dun dos pobos galaicos prerromanos, do grupo dos brácaros, establecido na comarca de Viana do Bolo (provincia de Ourense), nos límites cos asturianos.
-
s
[HIST]
Antigo pobo asentado na Gallaecia citado por Plinio (Nat. Hist. III, 28) entre os pobos do convento Brácaro, e Ptolomeo (Xeogr. II, 6, 42), quen o coloca entre os Celernos e os Límicos. A súa localización ponse en relación co río Búbal e por iso algúns autores como Cuevillas sitúano na zona dos concellos transmontanos de Montealegre entre Cualedro, Baltar e Oimbra, e os límites orientais da Serra de Larouco. Ben distinto é o parecer de Hübner, quen apoiándose nunha hipotética alusión ao río Bibei, localízaos cara a Viana do Bolo.