Bibián Lorenzo, Xosé

Bibián Lorenzo, Xosé

Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e na Universidade de Sevilla, onde se licenciou en Belas Artes na especialidade de Pintura. Ampliou a súa formación no mosteiro de San Cugat del Vallés (Barcelona) e na Escola de Belas Artes de Perugia (Italia). É profesor de Debuxo na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. A súa actividade abrangueu tamén o campo da escultura. As súas primeiras obras están influenciadas polo Impresionismo e por postsimpresionistas como Vincent Van Gohg ou Cézanne, para ir decantándose máis tarde polo Expresionismo abstracto, en particular polo Action Painting americano. Foi un dos membros, a partir de 1985, do grupo Nome. A súa obra caracterízase polo coidado especial nas texturas e pola continua experimentación na busca do comezo mesmo da pintura e da revisión dos seus principios. Realizou exposicións individuais e colectivas en Santiago de Compostela, Vigo, Bilbao, Segovia e Sevilla. Participou nas mostras colectivas Atlántica 1983 e a de pintores galegos en Lorient (Francia).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela