bibliónimo

bibliónimo

(< biblio- + gr ὅνομα ‘nome’)

s m [LING]

Tipo de ideónimo que designa o nome do título dunha obra escrita. Os bibliónimos poden dividirse en varios tipos: títulos de novelas (A esmorga), de obras teatrais (Nao de amores), de poemas (“Excelsior” do poemario De catro a catro), de revistas (A trabe de ouro), de xornais (A Nosa Terra), etc.