Biblioteca América

Biblioteca América

Fondo bibliotecario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela. Inaugurada en 1926, trátase dunha iniciativa de Gumersindo Busto. Foi recoñecida pola Real Orde do 11 de novembro de 1909. En 1910 comezou a editarse o seu Boletín. Estaba incluída no proxecto de creación dunha universidade iberoamericana en Compostela. Actualmente, o fondo consta de máis de 21.000 obras e 2.908 títulos de publicacións periódicas referentes á historia, xeografía, descricións de viaxes, medicina, dereito, dicionarios, poesía, ensaio e novela de autores americanos e españois dos ss XIX e XX. Así mesmo, posúe unha colección de exemplares de zooloxía americana, minerais e elementos da cultura material indíxena. A Biblioteca América tamén conta con máis de 1.200 medallas e moedas, 200 mapas e planos, bandeiras dos países americanos e bustos en bronce e mármore dos próceres americanos, xunto con reproducións de cadros históricos. Nun principio, os fondos foron adquiridos a través de doazóns particulares. Está instalada no Colexio de Fonseca.