Biblioteca de San Martiño Pinario

Biblioteca de San Martiño Pinario

Biblioteca organizada a partir do s XVII polos monxes bieitos. En 1880 posuía 14.000 volumes e en 1980 contaba xa con máis de 31.000. Contén libros procedentes das bibliotecas de Amor Ruibal, do cardeal Quiroga Palacios e unha parte importante traída de Francia por Bouset durante a Revolución Francesa. En canto ao seu número, destacan as seccións relacionadas coas Sagradas Escrituras, a Teoloxía e os canons. A biblioteca está dividida en catro seccións: “Libros frecuentes”, “Salón de lectura”, “Provisional” e “Revistas”, nas que se poden atopar ata 134 títulos diferentes. De entre as obras máis antigas sinálanse Historia Natural, de Plinio, Sume de Ecclesia Domini, de Juan de Torquemada e exemplares de El Eco de la Verdad, xornal publicado por López Ferreiro.