Biblioteca do Convento de San Francisco de Santiago
Biblioteca do Convento de San Francisco de Santiago
Biblioteca organizada a partir de 1832 polos monxes franciscanos. No ano 1881 contiña máis de 14.000 volumes e en 1912 chegaba aos 20.000, grazas ás doazóns de Pedro Bartolomé Casal, da Universidade de Santiago, e do xornal El Eco Franciscano. En 1912 doaron libros Atanasio López e Lino Gómez Cabedo. Conta nos seus fondos con 74 incunables, con numerosos volumes dos ss XVI e XVII, obras relixiosas -fundamentalmente revistas de temas franciscanos- e abundantes libros relacionados con Galicia.