Biblioteca Pública Provincial de Lugo
Biblioteca organizada a partir de numerosos volumes procedentes de conventos e mosteiros da provincia, fundamentalmente do mosteiro de San Xián de Samos. Entre os seus fondos figuran abundantes obras dos ss XVI, XVII e XVIII, da biblioteca de Antonio Alexandre Sarmiento de Sotomayor, bispo de Mondoñedo e da colección de Benito Menacho con 6.800 volumes, con edicións españolas e francesas do s XVIII. Tamén inclúe a colección Montenegro con obras literarias de principios do s XX, unha colección de clásicos franceses e edicións dos ss XVI, XVII e XVIII. A biblioteca posúe unha sala dedicada ao libro galego e dispón dunha colección de xornais lucenses de finais do s XIX en adiante. A sala xeral ten tres incunables. A finais dos anos 80 contiña máis de 60.000 volumes nos seus fondos.