Bida
Bida
Cidade e emirato do estado de Níxer, Nixeria, situada na marxe do río Bako (113.600 h [1992]). É unha terra fértil que produce froitos tropicais; así mesmo, nos bosques posúe madeiras preciosas que son a base da súa actividade económica. Sede do emirato de Nupe (fundado no 1531), foi coñecida con este nome ata a época da ocupación británica, momento no que pasou a denominarse Emirato de Bida.