Bidault, Georges
Político francés. Antes da Segunda Guerra Mundial militou no Partido Democrático Popular. No 1943 converteuse en presidente do Consello Nacional da Resistencia. Ministro de Asuntos Exteriores do goberno provisional de De Gaulle (1944-1946), asinou o tratado franco-soviético de Moscova (1944), preconizou a división de Alemaña e o illamento de España. Presidente do goberno provisional (1946) e do consello de ministros (1949-1950), fixo que o seu país adoptase a constitución da IV República. Ata o 1954 foi varias veces ministro de Asuntos Exteriores e favoreceu a Alianza Atlántica e a Unión Europea. Opúxose á independencia de Alxeria e ingresou na OAS (Organisation Armée Secrète), organización da que se chegou a converter no seu líder. Desde 1962 viviu no exilio en Brasil e Bélxica, ata 1968, ano no que regresou a Francia.
Cronología
-
Deceso
Lugar : les -
Nacemento
Lugar : Moulins, Allier -
Deceso
Lugar : Bains, Lapurdi