Bidueiro

Bidueiro

Río afluente do Eo pola dereita. Nace a 900 m de altitude no Coto de Frades, entre as parroquias de Bogo (concello da Pontenova) e Logares (A Fonsagrada), poucos metros ao S da fronteira co Principado de Asturias (concello de Taramundi). O seu curso adopta inicialmente unha dirección L-O, marcando o límite entre as dúas parroquias mencionadas. Logo dun treito de pouco máis de 2 km vira cara ao NO, drenando a parroquia de Bogo ata a súa desembocadura no lugar da Panturreira, logo dun percorrido de case que 8 km.