Bié, altiplano de

Bié, altiplano de

Meseta da rexión central de Angola, elevada a unha altura media de 1.500 m. No seu interior, na parte NO, érguese o monte Môco (2.619 m), altitude máxima do país e divisoria de augas; nel nacen, entre outros, os ríos Cuanza, Cubango, Cunene e Cuando. O seu clima é temperado, ao estar matizadas polo factor altitude as condicións que lle corresponderían pola súa latitude tropical (11°-15° S): Kuito, situado no centro do altiplano, ten unha temperatura media anual de 19°C e rexistra unha precipitación de 544 mm anuais, recollidos sobre todo no verán. Predomina a vexetación de sabana e as explotacións agrarias, principalmente plantacións comerciais, sitúanse ao longo da liña do ferrocarril de Benguela ao Congo, que atravesa o altiplano conectando os seus principais núcleos de poboación (Huambo, Kuito, Camacupa, etc).

Palabras veciñas

Biduído | Biduíza, coto da | Bié | Bié, altiplano de | Biederman, Charles | Biedermeier | Biedma