Biedma

Biedma
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe procedente do lugar toledano de Biedma que se estableceu en terras da Limia e Monterrei. Nos descendentes da rama galega recaeu o condado de Monterrei. As armas primitivas desta caste levan: en campo de ouro, oito caldeiras de sable, postas en dous paos. Algúns traen: en campo de ouro, un pau de goles arrimado de oito caldeiras de sable, catro en cada flanco. Outra variante recolle: en campo de ouro, un pau de goles, bordo de prata, con oito caldeiros de sable.