Biela, cometa de
Biela, cometa de
Cometa periódico descuberto no 1826 por Wilhem von Biela (Rosslau, Saxonia 1782 - Venecia 1856), e por Gambart, en Marsella, uns poucos días despois de que o fixese aquel. Comprobouse que era o mesmo cometa observado nos anos 1772 e 1805. O seu período foi calculado en 6,71 anos, pero a partir do ano 1865 non volveu aparecer. Isto debeuse a que, no paso polo perihelio de 1845, se partiu en dous, ofrecendo un espectáculo maxestoso no ceo nese ano e no 1852. Cando xa se daba por definitivamente perdido, no 1872 apareceu no seu lugar unha intensísima choiva de estrelas, resultado último da súa definitiva desintegración.