Bien-Hoa

Bien-Hoa

Capital da provincia de Dong Nai, Vietnam, no delta do Mekong (97.094 h [1992]). Situada a 30 km ao NL de Hô Chi Minh, na marxe esquerda do Song Dong Nai, é unha das cidades máis antigas da Cochinchina. Experimentou unha forte expansión industrial, que combina con actividades tradicionais como a industria da cerámica e da pedra para a construción. A industria siderometalúrxica instalada por iniciativa estatal propiciou o desenvolvemento dun contorno favorable para a implantación doutros sectores, como o dos electrodomésticos (baterías, aparatos de vídeo, radio e televisión, frigoríficos, etc), nos que o capital coreano, xaponés e norteamericano ten unha importante presencia.