Big Heat, The
Big Heat, The
Nome científico:
[Os subornados]
[IMAX]
Filme realizado nos EE UU en 1953 e dirixido por Fritz Lang. Foi interpretado por Glenn Ford, Gloria Grahame, Jocelyn Brando e Lee Marvin, con guión de Sydney Bohem, baseado na novela de William P. McGivern. Bannion, un policía íntegro investiga o suicidio dun compañeiro. Ao achegarse ao culpable, o gángster Mike Lagana, sofre presións dos seus superiores para que deixe o caso. Despois do asasinato da súa muller, Bannion deixa a policía e emprende unha salvaxe vinganza contra os asasinos.