biga

biga

(

  1. s f [HIST]

    Carro tirado por dous cabalos empregado para a guerra, as carreiras e o transporte. Segundo Plinio, inventouse en Frixia e foi utilizado por gregos e romanos. Aqueles carros que eran tirados por tres cabalos se denominaban triga e os tirados por catro, cuadriga.

    Ex: Nas películas ambientadas na Roma clásica é moi frecuente que aparezan bigas.

  2. s f [HIST]

    Tronco de cabalos que tiraban do carro.