Biguerny, Philippe
Biguerny, Philippe
Escultor renacentista de orixe borgoñesa, tamén coñecido co nome de Filipe de Borgoña. En 1498 instalouse en Burgos e desde alí estendeu a súa obra por toda Castela. É o autor, na Catedral de Burgos, do retablo da capela do Condestable (1523-1526), en colaboración con Diego de Siloé, e do cadeirado do coro, con Alonso Berruguete, con quen formou sociedade desde 1519. Realizou tamén o retablo da Capela Real de Granada (1521), o retablo do descendemento da Catedral de Toledo (1524-1527) e o sepulcro do cóengo Gonzalo Díez de Lerma na Catedral de Burgos (1524). A súa obra, modelo de corrección técnica e de expresividade contida, constitúe un bo testemuño da evolución plástica castelá do primeiro terzo do s XVI.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Langres -
Deceso
Lugar : Toledo