Bijagós
Bijagós
Arquipélago de Guiné-Bissau, situado fronte ao esteiro do río Geba, que en conxunto suma unha superficie de 1.500 km2. Está formado por unhas 30 illas e illotes de orixe volcánica, entre as que destacan Orango, Bolama, Caravela, Roxa, Jeta e Formosa. Están baixo un dominio climático ecuatorial (a 11° de latitude N), caracterizado por elevadas temperaturas medias e un réxime de precipitacións constante. A súa economía baséase na pesca e na agricultura (a principal produción é o coco). Os portugueses chegaron a el en 1462.