Biko, Steve

Biko, Steve

Activista político sudafricano, coñecido tamén como Bantu Stephen. Gañou unha bolsa para estudar na universidade e, logo de afiliarse á Unión Nacional de Estudantes Sudafricanos (NUSAS), formou parte no 1969 da Organización de Estudiantes Negros Sudafricanos. Influído polo movemento de toma de conciencia negra chegado dos EE UU, pretendía desenvolver unha oposición efectiva ao réxime do apartheid, e para acadalo, a poboación negra debería ser consciente da súa identidade como paso previo para a emancipación política. O seu discurso brillante e radical, xunto cun programa moderado, fixo que conseguise un amplo grupo de seguidores nos círculos cultos da poboación mestiza, pero non chegou aos municipios negros. O goberno limitou a súa liberdade de movementos á súa cidade, King William. Despois de numerosos arrestos, o 19 de agosto do 1977 foi novamente detido, e morreu por mor dun derrame cerebral producido pola brutalidade policial. Baseado na súa vida, Richard Attenborough realizou o filme Cry Freedom (Berra liberdade, 1987).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : King William

  • Deceso