Bill, Max
Bill, Max
Arquitecto, escultor, pintor, deseñador e teórico suízo. É un dos máis puros representantes da abstracción xeométrica. Estudiou na Escola de Artes e Oficios de Zúric (1924-1927) e na Bauhaus (1927-1929). Formou parte do grupo Abstraction-Création de París (1932-1936). Adoptou o nome de Konkrete Kunst (arte concreto) en lugar de arte abstracta. Dirixiu a Hochschule für Gestaltung de Ulm (1951-1957), continuadora da vella Bauhaus. Defendeu a contribución da ciencia e a súa metodoloxía, especialmente da matemática, á obra plástica. A súa obra revela o sentido do movemento no espacio.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Winterthur, Zúric