Billarda, La

Billarda, La

Publicación subtitulada “Ex-semanario festivo” apareceu en Ourense o 5 de setembro de 1920, e foi publicada ata mediados de 1921. A obra gráfica xogaba un papel moi importante con colaboracións de autores como A. R. Veiras, Julio Prieto Nespereira e Pedro García del Villar. Dirixida por Ceferino Valencia Nóvoa, era bilingüe e nela colaboraron tamén Javier Prado Lameiro, Arturo Noguerol Buján, Sueiro e Fernández Gallego, entre outros. Dado o seu carácter claramente satírico, case todos os seus artigos ían asinados con pseudónimos. O galego tiña moi pouca presencia, de tal xeito que só se poden destacar algúns poemas asinados por Vicente Risco e un artigo de A. Losada.