Billon, Pierre

Billon, Pierre

Realizador cinematográfico francés. Formouse como asistente de Gaston Ravel. Realizou Nuits de Venise (Noites de Venecia, 1931), Au service du Tsar (Ó servizo do Tsar, 1936), La bataille silencieuse (A batalla silenciosa, 1937), Vautrin (1943), realizada durante a ocupación nazi de Francia, L’homme au chapeau rond (O home co sombreiro redondo, 1945), baseado na novela de Dostojevskij O marido eterno, e Jusqu´au dernier (Ata o final, 1956).

Cronología

  • Nacemento

  • Deceso