binario -ria
(< lat binarĭu < binu‘de dous en dous’)
-
adx
-
Que consta de dous elementos ou dúas partes.
-
[MAT]
Operación con dous operandos.
-
[QUÍM]
Composto formado por dous elementos.
-
[QUÍM]
En xeral, aplícase a todo aquel sistema químico formado por dúas substancias.
-
-
adx
[MÚS]
-
Toda unidade de medida do tempo musical formada por un número de subunidades divisible por dous.
-
Ritmo ou movemento musical ao que se lle pode aplicar esta unidade de medida.
-
-
binario sincrónico (BiSync)
[INFORM]
Protocolo para conectar entre si terminais informáticos IBM. Moitos equipos poden compartir un enlace único e un controlador determina qué terminal pode transmitir nun momento determinado.
-
estrela binaria/dobre
[ASTRON]
estrela binaria.
-
organización binaria
[BÉL]
Tipo de organización militar na que unha unidade se compón de dúas partes que lle son subordinadas. Deste xeito, a unidade maior (división) está formada por dúas unidades de infantería iguais (brigada) e un núcleo de tropas que portan diversas armas (artillería, enxeñeiros, cabalería, etc).
-
relación binaria
[MAT]
Condición relativa a dous elementos dun conxunto que se satisfai para determinadas parellas de elementos (eventualmente para todas ou para ningunha parella). Entre as relacións binarias sobresaen pola súa importancia as relacións de equivalencia e as relacións de orde.
-
sistema binario
[MAT/INFORM]
Sistema de numeración de base dous. Neste sistema só se precisan dous símbolos que representen os números cero e un. Calquera número natural pode descompoñerse nunha suma de potencias de 2, e ese número queda determinado polas potencias que entran na súa descomposición (indicadas cos coeficientes 0 ou 1). Así o número 45=2 5 +2 3 +2 2 +2 0 escríbese en sistema binario, 101101. Para pasar un número dado no sistema binario ao sistema decimal, cómpre ter en conta que cada unidade vale dúas da orde inmediatamente inferior. O sistema binario emprégase nas calculadoras e procesadores, nos que os medios de almacenamento de datos e transmisión da información son elementos físicos que poden adoptar dous estados: presenza ou falta de corrente, magnetización nun sentido ou no oposto, etc. Os números escritos no sistema binario teñen 3,32 (= log 2 10) veces máis cifras ca os escritos no sistema decimal.