Binet, Alfred
Psicólogo e pedagogo. Doutorouse en Ciencias Naturais na Universidade da Sorbonne (1891) e pasou a ser colaborador de Charcot na Salpêtrière. En 1894 foi nomeado director do laboratorio de psicofisioloxía da Sorbonne e no 1895 fundou o Année psychologique. Encargado polo ministerio de Educación de crear un método para determinar o nivel de deficiencia dos nenos atrasados, elaborou o Échelle métrique de l’intelligence (Escala métrica da intelixencia, 1905 e 1908), coñecida co nome de escala de Binet-Simon, na que foi aplicada por vez primeira a noción de idade mental. Os seus traballos sobre a medición da intelixencia contribuíron á creación das modernas técnicas do test. Considérase o creador da Psicoloxía Experimental francesa e da Psicoloxía Aplicada. Entre os seus traballos destacan: Études de psychologie expérimentale (Estudios de psicoloxía experimental, 1889), Les altérations de la personnalité (As alteracións da personalidade, 1892), Étude expérimentale de l’intelligence (Estudio experimental da intelixencia, 1903) e Les idées modernes sur les enfants (As ideas modernas acerca dos nenos, 1911).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Nice -
Deceso
Lugar : París