Binford, Lewis R.
Prehistoriador e arqueólogo norteamericano fundador da New Archeology. A obra de Binford caracterízase pola súa énfase na formación e contrastación de leis xerais en arqueoloxía, capaces de explicar as diferencias culturais reflectidas no rexistro arqueolóxico, e pola súa defensa do método hipotético-dedutivo fronte á simple indución. Traballou fundamentalmente en xacementos paleolíticos europeos, sobre todo do período Musteriense (opóndose ás teorías de Bordes), e paleoindios en Norteamérica. Promoveu a etnoarqueoloxía como instrumento de interpretación e adaptou á práctica arqueolóxica diversas análises procedentes doutras ciencias (tafonomía, etc). Entre os seus traballos cómpre salientar: An archaeology perspective (Unha perspectiva da Arqueoloxía, 1972), For theory building in archaelogy: essays on faunal remains, aquatic resources, spatial analysis and systemic modeling (Catro teorías arqueolóxicas: ensaios sobre os restos faunísticos, fontes de auga, análise espacial e modelos sistemáticos, 1977), Nunamint etnoarchaeology (Etnoarqueoloxía Nunamint, 1978), Bones: ancient man and modern myths (Ósos: o home antigo e os mitos modernos, 1981), Working at archaeology (Traballando na Arqueoloxía, 1983), In pursuit of the past: the coding the archaelogical record (En busca do pasado: descifrando o rexistro arqueolóxico, 1973) e Debating archaelogy (Debatendo sobre Arqueoloxía, 1989).
Cronología
-
Nacemento