bioacumulación

bioacumulación

(< bioacumulador)

s f [ECOL]

Incremento da concentración de compostos químicos que, por non ser biodegradables e ter unha taxa de absorción e almacenamento maior ca a de excreción, se almacenan tanto no ser vivo individual como na cadea alimenticia. Nos animais, esta acumulación ten lugar principalmente nos tecidos graxos. Un exemplo é a bioacumulación de pesticidas organoclorados como o DDT que, empregado para combater pragas de insectos, foi o responsable da diminución alarmante das poboacións de aves insectívoras e, especialmente, dos seus depredadores.

Palabras veciñas

Bío Bío | bio- | bioactivación | bioacumulación | bioacumulador | bioacústica | bioalcohol