biodegradación

biodegradación

(

s f [BIOL]

Transformación dun substrato complexo en substancias máis sinxelas feita por un organismo vivo. Xeralmente, vai ligada ao metabolismo respiratorio e vai acompañada de liberación de enerxía. Desde un punto de vista sanitario, e sobre todo polo que se refire á polución das augas, representa un procedemento natural de mineralización ou destrución da materia orgánica grazas á acción dos microorganismos.

Palabras veciñas

biocoro | biocrón | biodegradable | biodegradación | biodeterioración | biodinámica | biodinamismo