biodinamismo

biodinamismo

(< bio- + dinamismo)

s m [PSIC]

Doutrina psicolóxica debida a Adolf Meyer e ligada ás escolas de Jean Delay, Ernst Kretschmer, Konstantin Nicolaevič Monakov e Mourgue, entre outros. Inclúese dentro das teorías órgano-dinámicas segundo as que as enfermidades mentais se orixinan pola desorganización biopsíquica a distintos niveis.