bioelectricidade

bioelectricidade

(

s f [BIOL]

Electricidade xerada nos seres vivos por causa da desigual distribución dos ións no seu corpo. En particular establécense as diferencias de potencial máis importantes, entre o interior e o exterior das súas membranas celulares, nos tecidos nervioso e muscular. Nos fenómenos de relación que se dan, por exemplo, nalgúns peixes, a produción de descargas eléctricas emprégase amodo de mecanismo de orientación, de defensa ou mesmo de ataque.

Palabras veciñas

biodisponibilidade | biodiversidade | bioecoloxía | bioelectricidade | bioelemento | bioenerxética | bioensaio